lunes, 21 de septiembre de 2009

UNHA TARDE NA CULTURAL.

Unha grande ILUSIÓN para unha, mais grande, SATISFACCIÓN.

Cando dende o escenario, convertido puntualmente nun comedor ( xa que o espacio de sala de butacas non era suficiente para albergar a todolos asistentes), Ana Prego reclamou a súa presencia, para adicar unhas palabras o numeroso “auditorio”, aquel home sentiu que a emoción embargaballe a sua cabeza. Con andar cansino pero firme dirixiuse, sorteando ós numeros comensales que lle ían felicitando o seu paso, o pé da maestra de ceremonias. A súa cara transmitía ledicia, ilusión, satisfacción. O tempo que facía o seu improvisado “paseillo” ata o estrado, o público adicáballe un caluroso e agarimoso aprauso. Dunha maneira mecánica, e cecais sin saber nin por qué si nin por qué non, ou cecais si, él tamén apraudía. Cunha envexable axilidade, para unha persona da sua idade, subiu, pouco a pouco, os tres peldaños que o separaban do estrado. Recibido cun xesto de cariño e repeto por Ana púxose diante do micrófono………. Todolos alí presentes estabamos expectantes de que era o que ia dicir o señor Candido, Candido Porto, Candido de Paulina. …….Non foi quen de dicir nada. Apenas murmurou algo. Cecais a falla de costume, a idade, ou, sobor de todo, a emoción que sintía non lle permitiron falar. Pero a pesar de caseque non articular palabra si que dixo,….e dixo muito. Coa sua expresión estaba a dicir que estaba ledo (feliz), que se sentía ben, que se sentía inmensamente ledo (feliz) por ver o que él nunca se poidera imaxinar….¡¡ UN SOÑO FEITO REALIDADE ¡¡.

Cando aquel home superado pola emoción se dirixía o seu asento, ou como el dicía a veira da súa muller, todolos alí presentes asentíamos como dando o visto bo ó guiño preparado polos padronos da Fundación Guláns. Era, dende o meu punto de vista, un “remate de festa” moi acertado. Cecais non me equivoque en nada cando penso que a mais dun naquel momento, o igual que a Candido, os sentimentos lle estaba a facer pasar unha mala pasada, ou cando menos a tragar saliva con certa dificultade e remexer o cu no seu asiento coma buscando acougo…..coido que naquel momento había moitos “Candidos” na sala. Naquela sala había moita ilusión e moita satisfacción.

Si entendemo-la palabra ilusión como un sinónimo de tenacidade, de meta, de fe, de esperanza, de ánimo,…, podemos decir, entón, que a ilusión debe de ser compañeira de viaxe inseparable do home o longo de toda a sua vida. A ilusión é indespensable para poder vivir. Non se pode entender a vida dunha persona sin ilusión. Todos temos que ter ilusións para poder loitar e ter forza para superar os atrancos que nos imos atopar no noso camiño. Ilusión por vivir. Ilusión por ver crecer e mellorar os teus. Ilusión por conquerir os obxetivos marcados. Ilusión por superar os retos…..

E despois de cunha ilusión se faga realidade, ¿ que debemos sentir ?........,mui fácil, despois da ilusión debemos sentir satisfacción, pracer, agrado, gozo, …., ledicia polo conquerido, por conquerir ver feita realidade as nosas ilusións.

Penso, sen medo a equivocarme, que ilusión (xunto con todolos seus sinónimos) debeu ser o que sintiu fai, mais ou menos, vinte anos atrás un grupo de personas que foron os promotores da Casa Cultural e , dende logo, satisfacción (xunto con todolos seus sinónimos) debe de ser, e ademais é de xustiza que asi sexa, o que sinte ese grupo de personas ( mais os que a eles se uniron ) tal día coma o deste domingo pasado.

Tal e como xa se dixo nunha anterior entrada deste blog, tal é como se dixo este domingo no “parlamento” feito por Ana Prego , tal e como o sentiu Candido, e tal coma o sentiron os moitos “Candidos” que había na sala….. ¡¡¡¡ UN SOÑO FEITO REALIDADE ¡¡¡.

A falla de porlle a bandeira a obra temos que dicir que, noraboa a todo ese grupo de personas ( os que se “miran” e os que non se lles “mira” tanto) por conquerir facer realidade a súa ilusión. Ogallá que sintades moita satisfacción polo traballo ben realizado.

Noraboa, tamén, por saber transmitir esa ilusión a todo un pobo. Por saber facer ver a necesidade dunha obra como a que se está a punto de rematar. Todolos asistentes a comida aportaron o seu granillo de arena facendo unha aportación económica coma axuda para a construcción da casa ( cadaquen dentro das súas posiblidades ). Tódolos asistentes participaron desa ilusión e deben de participar, tamén, desa satisfacción.

Os veciños de Guláns estamos de noraboa.

domingo, 13 de septiembre de 2009

UN DIA TRISTE NA NOSA PARROQUIA



Este blog naceu, tal e como se dí na sua primeira entrada ou “post”, para falar das “cousas” que acontecen en Guláns. Das “cousas” boas e malas, das “cousas” agradables e desagradables, das “cousas” que producen ledicia ou tristura…. É por iso, como creador deste blog, que me vexo na obriga moral de facer unha entrada sobre un dos acontementos mais doloros ocurridos nos últimos tempos no noso pobo.

Hoxe é un dos días mais tristes na vida de Guláns.

Penso, sin medo a equivocarme, que o que eiqui vou dicir é o pensamento de calquera un dos veciños da nosa parroquia e, ben de seguro, calqueira un deles podería dicilo e expresarse mellor.

A morte é unha lei natural, é unha condición inherente o home, é o destino final do ser humano e ,en teoría, temolo asumido. Pero cando a esperanza de vida no noso pais é, a día de hoxe, de 81 anos podemos dicir, polo tanto, que a morte dun rapaz de 29 anos e un dos feitos mais antinatural ( a parte de doloroso ) que se pode producir. Iso fai que, ante un acontecemento de tal calibre, os nosos sentimentos de dor, pena e pesar afloren con moita facilidade.

Nunha sociedade no que o que prima son os cartos, nunha sociedade onde os valores están en decadencia, nunha sociedade extresada, nunha sociedade sin tempo para mirar o seu embigo (ombligo) e sin tempo para pensar cal é o sentido do noso paso por este mundo ou si o noso paso por este mundo sirve para mellorar a vida dos demais poder comprobar que inda hai feitos como o que vimos de vivir hoxe fai que un síntase orgulloso da sua condición de ser humano…

Vimos de asistir dunha verdadeira manifestación de dor, respeto e cariño de toda unha parroquia cunha familia rota por unha das peores inxusticias desta vida. Ver como unha enfermidade, cruel e dolorosa, arrancalle do seu fogar a un dos seus seres queridos (un fillo, un neto, un irmán,…., un noivo). Un rapaz, un veciño, un amigo mui valiente e con moitas gañas de vivir.

Espero e desexo que esta mostra de cariño axude a familia de Fernando a poder levar o seu penar da mellor maneira posible. Comprobar que contan co apoio de todolos seus veciños oxala lles sirva para poder ir sobrelevando a sua dor. Moito ánimo e forza ¡


D.E.P

domingo, 9 de agosto de 2009

O PENEDO DA SOBRA


Tódolos pobos teñen algún lugar que é venerado polos seus veciños, ben sexa por motivos relixiosos, festivos, ou por algunha singularidade que o faga destacable. O noso pobo tamén ten deses lugares; temos o monte San Cibrán, coa sua romería, temos o carballo da Barxa, temos a capela de Santa Baia,……….temos,…..temos o penedo da sobra……..ou non???

Conta unha lenda, desas que enriquecen o folclore popular, que fai moitos anos un lóstrego, dunha forte tronada, fendeu un penedo no lugar coñecido como A Sobra. Co paso dos anos e exposto a inclemencias metereolóxicas o xigante penedo foi cedendo, partíndose en dous. A fenda, que no seu día apenas era unha sinxela cicatriz na pel do xigante, hoxe en día serviría para agachar nela unha morea de cousas.

O lugar onde se atopa ese penedo é, para min, un deses sitios preferidos que ten un para ir distraela mente dos problemas diarios e deixar correla imaxinación. Serán casualidades pero cando estou a escribir estas letras atópome a veira deste xigante de pedra. Esta situado na marxe dereita da carretera que une os barrios do Casal co de Couso e que continua ata conectar coa N-120 no Confurco, xa cerca do concello veciño do Porriño. O lugar onde se asenta este penedo está uns 6 ou 7 metros por riba do nivel da carretera, nunha zona de forte pendente. Os seus pes, metros mais abaixo, ten os barrios do Pereiro. Esta carretera salva un importante desnivel entre os dous barrios ( uns 250 metros apoximadamente ), é como vos imaxinaredes ten zonas cun alto porcentaxe de pendente.

Isto faime recordar que cando eu, mailos meus amigos, eramos mozos pensabamos que aquelas costas serían semellantes as que tiñan que salvar Perico Delgado ou Bahamontes nas suas loitas por conquerir a victoria nos cumios dos montes de Francia. Sentiabámonos auténticos Bahamontes, auténticos Pericos. Aquelas costas eran para nos o mesmo que para eses monstruos do ciclismos as costas do Alpe D´huez…..que lembranzas¡¡…. Tamén me ben a cabeza que mais dunha vez emulando os nosos ídolos do ciclismo, debido o atrevemento da xuventude e a perigosidade da carretera, apañamos uns bos sustos. Algún de nos estivo a punto de aterrizar no tellado dalgunha casa do Arrabal. Hoxe en día xa sería mais difícil que o que vos acabo de contar pudiera ocurrir, por un lado porque tanto eu, coma os mes amigos, xa non temos aniños para facer locuras ( e moito menos o atrevemento, valentía ou falta de cordura….que naqueles anos mozos si tiñamos) e sobor de todo porque a “alguen”, acertadamente, se lle ocurriu poñer unhas barreiras (“quitamedos”) protectoras nas zonas de mais perigo da carretera. Supoño que a mais dun automobilista lle pasaría o que a nos. Supoño que mais dun debeu apañar un bo susto e supoño que eses automovilistas agradeceran que se puxeran ditas barreiras.

O penedo da Sobra está mui cerca do cumio desa carretera, a uns 2,5 km da igrexa de Guláns. O lugar onde se atopa é un autentico miradoiro do Val do Tea – Miño. Nun día despexado pódese mirar todo o val rodeado dos montes; os da Serra da Peneda, os do Paradanta ( San Nomedio, A Franqueira) ata as estribación da Serra do Suido. Dende alí pódese ver de que maneira afectou o avanzar da sociedade no noso entorno. A autovia A-52 (Autovía das Rias Baixas) que nos une coa meseta vertebra o val. O sur unha “mancha color terra” sinalanos onde se está a construir o que se coñece como “A PLISAN”…..cecais, moi pronto, dende o penedo poidamos ver o polígono Val do Tea. Outro espectáculo é subir o pe do penedo nunha desas mañans frías de inverno – primaveira e ver todo o val cuberto por unha densa neboa. Si deixamos voala imaxinación ( e non fai falla deixala voar moito) asemella coma si os nosos pes tivesemos o mar, un mar bravo e revolto………que maravilla, para min é unha auténtica postal e observala prodúceme na alma unha incrible relaxación e sensación de benestar.

Eu non son xeólogo, nin inxeñeiro de minas,…, nin nada que me faga poder dicir con seguridade que a situación do penedo sexa un risco, pero o sentido común ( que din que é o mais común de todolos sentidos ) si que me permite dicir que observando o comportamento do penedo o longo dos anos, cada ano a fenda é mais importante, cando menos deberíase prantexar a idoniedade ou non de aseguralo ou derruilo para evitar calquera desgracia……

Isto faime lembrar que, non hai moito tempo, o presidente da Diputación de Pontevedra comprometérase a acometelas obras necesarias para derrubar o penedo. Sen ánimo de molestar,….pregúntome….¿ que pasou con dita promesa?.....Señor Louzán creo que debe unha resposta os veciños de Guláns. É de lei dicir que o mesmo home, o mesmo Presidente da Diputación de Pontevedra, o mesmo señor Louzán que ata o de agora non deu sinais da súa promesa sobor do penedo tamén foi un dos maiores responsables de que a Casa Cultural de Guláns sexa a dia de hoxe unha auténtica realidade. Non nos podemos esquecer de que gracias as axudas que o señor Louzán fixo, a través da Diputación, puideronse seguir coas obras. É de lei dicilo………, ”O Cesar o que é do Cesar”.

Coma a promesa do señor Louzán inda non se fixo realidade creo que non chego tarde a facela seguinte reflexión:

Esta claro que algo hai que facer co Penedo, antes de que o faga a natureza e apareza calquer dia doutro lado da carretera ou, moito peor, enriba dun tellado……ben de seguro que as barreiras “quitamedo”, que con tanto tino se colocaron na carretera, non serian quen de paralo. Unha opción é a que prometeu o señor Louzán….arrualo, demolelo, desfacelo. Outra opción sería facer un estudio da viabilidade para aseguralo penedo e facer desa zona un verdadeiro miradoiro do noso val.

O mellor isto que digo, a moitos, parécevos unha auténtica locura……pero como a min non me custa nada…….pois eu digo………..O PENEDO DA SOBRA, o igual que San Cibrán, o carballo da Barxa,…, SINAL DE IDENTIDADE DO NOSO POBO.

jueves, 16 de julio de 2009

O BLOG DO MEU AMIGO, MEU REI, CARLOS SOUSA....."DENDE AREAS CARA A PONTE"


Dende hai xa moito tempo andábame as voltas pola miña cabeciña a idea de crear un blog para falar sobre as "cousas" de Guláns mailo seu entorno....dende hai xa moito tempo ¡¡¡¡. Pero había algo que facía que non me acabase de animar a crealo. Non sei, cecais que non tivese aceptación, que non tivese interés,...., ou cecais tamen fose que tivese a cabeza noutros lares....

Un día navegando pola rede ( internet ) topei un blog que pareceume......permitánme vostedes a licencia....pareceume caralludo¡¡¡¡. Vendo con mais detalle dinme conta que o creador de tal blog era o meu amigo CARLOS SOUSA ( o que eu agarimosamente chamolle ....¡ meu rei ¡) . Fixera un blog para falar do equipo de fútbol sala de Areas . O tema foi derivando cara outros asuntos. A día de hoxe, o blog de Carlos, ten referencias etnográficas, culturais, festivas,....., da súa parroquia Areas.

Aquel blog gustoume moito.......moito. Ese foi o empuxón que me faltaba para crear o meu. Dinme conta de que si Carlos disfrutaba facendo o que facía........por que non ia disfrutar eu escribindo do que me gusta....GULANS.

Tamén animoume e gustoume moito o blog que Javi Domínguez ( o fillo de Montes ) creou para falar do torneo de fútbol sala de Guláns. Por certo Javi, vaia traballo e vaia exactitude e pulcritude,......NORABOA polo blog mais pola organización do torneo. Para que non pareza que sempre ( ollo¡¡¡ outros tempos chegaran ) estou dorando a píldora vouche facer unha pequena crítica. Non a tomes a mal. É unha crítica feita con cariño. Ademais ten a importancia que lle queiramos dar........pero nada mais¡¡¡. ....Canto me gustaría que ese blog estivera escrito en GALEGO. Mais que nada para que no 2055 ( leer a entrada que fixen no meu blog titulada "As cousas do señor Pedro.....Gulans 2055 ) non só sexa o señor Pedro o que fale galego...De todalas maneiras nada mais que dicirche que..... "Javi chapeau" polo teu traballo.

O que ía, que dende aquí recomendovos que coñezades o blog de CARLOS SOUSA...... "DENDE AREAS CARA A PONTE".....paga a pena¡¡¡ É para ti, meu rei, darchelas gracias pola colaboración prestada.............e, pronto, tomaremos esa cervexa.

Saudos

domingo, 12 de julio de 2009

AS COUSAS DO SEÑOR PEDRO........GULÁNS 2055




Eran as 3 da tarde do día 31 de Maio do 2055. O señor Pedro acaba de comer e estaba vendo a través dun “chip”, que se colocaca na ourella ( a modo de audífono, daqueles que se usaban no ano 2000 para mellorar a audición. Unha nova tecnoloxía que o señor Pedro no dominaba a perfección, igual que lle pasara o seu pai coa, xa obsoleta, internet) coma no telexornal da CNN daban a noticia de que a Unión Europea (formada por mais de 40 paises ) recoñecía a autonomia e independecia de Eskadi coma pais.

Atrás quedaban moitos anos de negociacións políticas e manifestacións cidadans pedindo a autodeterminación e independencia dese pais. Eses cidadáns, que se viñan manifestando o longo dos últimos anos, asi como os políticos que dunha maneira democrática loitaban nos parlamentos pola independencia de Esukadi, foran os que lograran erradicar con anterioridade, ala polo ano 2030, a praga dos asesiños, a praga dunha banda organizada chamada ETA que dende o ano 1968 viñera esixindo, da maneira mais cruenta e sanguinaria, a autodeterminación e indepencia daquel pais.

A España en donde, sendo neno, o señor Pedro vivirá non se parecía moito a España actual, mais ben, calquer parecido era pura casualidad. España era un estado federal.

O señor Pedro falaba galego. Era un idioma que no pasado tivera moita mais presencia que no momento actual. Recordaba que cando él era cativo ( alá polo ano 1960) todolos seus viciños comunicábanse nese idioma. A día de hoxe o galego só se empregaba entre a xente maior e de maneira familiar. O idioma oficial era o castelán mailo esperanto ( un idioma que coñecían todolos pobos do mundo, e que era semellante o inglés). Todolos paises debían ter duas lenguas oficiais; unha propia ( no caso do Señor Pedro o castelán ) e outra universal (o esperanto).

O modo de vida tamén cambiara totalmente. Prácticamente, a diferencia daqueles tempos, non se traballaban os terrenos. A agricultura e a ganadería, tal e como se entendia cando él era novo, desaparecera por completo. No seu lugar había “industrias” que eran as encargadas de fabricar os alimentos. Alimentos que, na maioría dos casos, estaban preparados para ser tomados e dixeridos sin prácticamente necesitar tempo para facelo.

Nunha desas industrias traballaba o seu fillo Xoel ,nome en galego de orixe biblico, e que non era frecuente utilizar na actualidade. Xoel era enxeñeiro xenético na especialidade de industrias alimentarias. Vivía en parella cunha rapaza de cor (negro) de orixe africano, e tiñas tres fillos, dous homes e unha muller. Os seus nomes eran Philip, Stephen e Joana (igual que a súa nai era de cor). Esta última era a preferida do avó, o señor Pedro, e sempre que as actividades da nena llo permitían estaba a carón del. A ela encantaballe estar co avó, xa que lle contaba historias de cando él era novo. Cousas que lle parecían inverosímiles a fermosa rapaza. O que mais lle gustaba a Joana era que o seu avó Pedro lle contara historias de GULÁNS. Ela estaba convencida de que todo o que aquel vello home lle contaba eran historias inventadas, pero encantaballe oir con que pasión e amor, o seu avó, falaba daquela xente, daquela terra, unha terra que con case toda a seguridade non existira, polo menos da maneira da que o señor Pedro llo contaba, ou polo menos……. iso creia Joana¡¡.

Ese domingo pola mañá, o señor Pedro acompañado da su neta Joana foran recoller o seu fillo Xoel o traballo. Traballaba no polígono Val do Tea que estaba preto da casa do seu pai. Dende alí había transporte público ata a casa do vello Pedro, que estaba nunha zona que eles chamaban “O Padrán”. O transporte público era moi usado xa que pouca xente tiña transporte privado debido os altos impostos que tiñan que pagar os seus propietarios. Ademais estábase empezar a utilizar un tipo de transporte novedoso, o “teletransporte”, tiña a ventaxe que en apenas tempo algún podíase ir dun sitio a outro. A desventaxa era que, coma todalas novas tecnoloxías, era moi cara. Así que polo de agora a familia do señor Pedro desprazábase por medio do transporte urbano.

O domingo era un día de traballo normal. No tempo en que o señor Pedro era xoven os domingos adicábanse o descanso, a estar coa familia e a acudir a misa. Tanto familia coma relixión eran valores que a xente actual non tiña na sua lista. Non era o caso de Xoel e de mailos seus fillos. O señor Pedro sempre procurou inculcar eses valores no seu fillo. Tan ben o fixera que agora era Xoel quen procuraba que os seus fillos tiveran presentes eses valores. Ese era o motivo polo cal a Joana gustaballe estar co seu avó. Outras rapazas da sua idade apenas vían os seus avós que adoitaban estar nunha especie de xeriátricos e non solían recibir ningún tipo de visitas. O xeriátrico de Guláns estaba nun edificio, feito con moi bo gusto ( iso dicía él), lugar que o avó chamaba Visoureira. Dicía que naquel edificio, cando él era novo, reuníanse todolos viciños de Guláns para participar en actividades que ali se facían…..chamabanlle “A CULTURAL”.

A empresa de Xoel estaba ubicada no centro de polígono, nun lugar que o señor Pedro coñecía coma “Curras” inda que realmente chamabase “Sector A, Calle II”. Dende alí collían o transporte público ( unha especie de tranvía eléctrico, que dicía o señor Pedro ) dirección “O Padrán”. O viaxe, que era corto, transcurría por medio de naves industriais ata que chegaba a unha zona que o señor Pedro chamaba “Porto”. Nesa zona estábanse escomenzando a facelos traballos de perforación para facer un tunel que comunicaría o polígono Val Do Tea co polígono da Granxa. Tal tunel íase construir por debaixo do monte, hoxe poblado de casas, coñecido (polo señor Pedro) como a lavandeira. Cando estaban pasando por esa zona dirección o Padrán, o señor Pedro contaballe a súa neta Joana que alí existiran unhas construccións onde él ía de pequeño. Chamabanlle muiños e o avó dicía que, utilizando a forza da auga, servían para moer os grans de millo e facer fariña. Dicía que alí xuntábanse os viciños as noites e cantaban e rían. …….A Joana púñaselle unha sorrisa de ourella a ourella pensando na capacidade que tiña o avó para inventar historias….¡¡¡¡¡moelo gran ¡¡¡¡…..¡¡¡vaia ocurrencias tiña o avó¡¡¡.

O avó tamen lle gustaba contar que alí onde estaba a fábrica do seu fillo, cando él era mozo, había veigas que se cultivaban para o autoconsumo ou para quitar catro patacos ( tal e como él dicía ) vendendo os seus froitos na carreira de Ponteareas. Tamén falaba dunhas construcción feitas de madeira ou aceiro recubertas con plástico,……chamaballe “invernaderos”,…….. ¡¡¡¡ que cousas tiña o avó ¡¡¡¡.

A casa do señor Pedro era distinta as demais. Matiña a feitura das casas de cando él era mozo. Non tiña nada que ver coas novas construccións que se facían neste momento, unha especie de chalets pareados, cadrados e brancos, que en lugar de tellados tiñan paneis solares.
No vestíbulo da sua casa, o señor Pedro, tiña unha fotografía da súa muller. A Joana gustaballe moito ver aquela fotografía. Nela viase a unha muller moi guapa e cunha ampla sorrisa, vistía unhas roupas que, evidentemente para Joana, pasaran de moda. Aquela muller, a avoa de Joana, a muller do Señor Pedro, chamárase Carmiña. Morrera xoven, dunha enfermidade moi grave naqueles tempos. Unha enfermidade que nos días de hoxe tería cura.

Mentras o presentador do telexornal despidíase, dicindo a hora mailo día o que andabamos……….o señor Pedro desuse de conta que ese día era domingo 31 de Maio. Iso fíxolle recordar que cando él era mozo o derradeiro domingo do mes de maio celbrabase na sua aldea, Gulans, a romería de San Cibran.

A sua neta, Joana, non pestanexaba cando o avó Pedro lle empezaba a contar que era o que se facía tal día como hoxe 50 anos atrás na romería de San Cibrán….. Subilo Santo polo camiño vello, almorzar con toda a familia no monte e bailar a muiñeira o son de gaita………….Joana, cun sorriso de ourella ourella, pensaba coma era posible que aquel home vello puidera ter tanta imaxinación…….¡¡¡¡¡Eran as cousas do avó¡¡¡¡……………¡¡¡¡¡ Que cousas tiña o avó Pedro ¡¡¡¡

sábado, 27 de junio de 2009

II PARTE........A NOITE MÁXICA DE GULÁNS.....UN SOÑO FEITO REALIDADE....

Nota: O non domiñar a perfección as novas tecnoloxías. é o que ten, fai que a anterior entrada quedase incompreta. Non sei, pero os druidas de internet fixeron que non se vexa toda a entrada ( "artigo" ), ou cecais sexa a miña torpeza con este mundo, en fin tanto ten....

Esta entrada será por tanto a segunda parte da anterior e nela tentarei rematar o que antes non fun capaz.

Tal e como vos dicía a idea que xurdira fai vinta e pico anos, a ilusión, o esforzo, o tesón,...., a pacencia daquel grupo de personas facía que o que fora un soño se estivera facendo realidade.

O mesmo tempo empezaba a darme conta do motivo daquela tristura que me viña acompañando sin motivo aparentemente xustificada... ¡¡¡ votaba en falta a algunhas personas daquel grupo promotor da idea¡¡¡......¡¡¡ alí faltaba xente ¡¡¡¡.

Non é o momento de lembrar a cada unha desas personas tempo haberá para iso. Supoño que cada un deles podrá e saberá darse por aludidos. Simplemente quero agradecerlle que tivesen esa idea....e sobre todo que tiveran a tenacidade de non desistir no empeño. Co paso do tempo foron outros os que se subiron o carro e aportaron o seu traballo. A todos eles non teño mais que, de novo, darllelas gracias.

Tampouco estaría demais que, agora que está a punto de rematarse a Casa Cultural, alguen se preocupase de que ninguen se esquecera de como foron estes vinta e pico anos, e lembrar como se conqueriu o que se conqueriu. Non estaría demaís que alguen lle contase a todos aqueles pequenos que oredor da fogueira brincaban como se conseguiu cunha aldea onde no se chega a 1000 veciños tivera tal infraestructura para o disfrute de todos. Espero que alguén recolla a miña proposta.........

Para min a noite de San Xoan valeume para "descubrir" que un soño se estaba facendo realidade. Xa teño un motivo mais para que dicir que a noite de San Xoan é unha noite máxica. Serían os espiritos desa noite, sería o viño, sería..............non sei o que sería pero a min parecíame que todolos que alí estaban era porque un soño se facía realidade, e que dalgunha maneira se estaba recoñecendo o merito daquel grupo de personas.......ou polo menos iso é o que eu quero pensar que estaba acontecendo esa noite.

Unha couso mais. Eu non formo parte dese grupo de personas de quen me veño referindo. Eu non participei en ningunha das directivas de Culturar, e tampouco na actual. Polo tanto eu non teño ningún interés en facer propaganda de nada. Eu tan só, o igual que caseque todolos veciños, fixen unha aportación económica para axudar na construcción da Casa. Eu, simplemente, son unha persona agradecida. Agradecida as personas que intentan que unha parroquia, coma Guláns, manteñase unida e ilusionada. Nada mais que por iso é polo que fago mención dese grupo de personas. GRACIAS

A directiva actual ,e mais os Padronos da Fundación Guláns ( que son os reponsables da xestión da Casa ), tamén lle quero dicir algo. O mesmo que un pai lle dí o seu fillo cando este vaise a universidade para labrarse un futuro......"Aproveita o tempo porque muito sacrificio supón para min mais para a tua nai poder pagarche os estudos"....Isto mismo querolles dicir eu, e dalgunha maneira facelo extensivo a todolos viciños ( todos formamos parte e todos temos parte de responsablidade en que a Cultural funcione e sea viable ). Aproveitemos todo o que se fixo e fagamos que a Cultural poida ser autosuficiente e poidamos disfrutar dela. ¡¡¡ É todo un reto, pero os retos son os que fan mellores os homes ¡¡¡

viernes, 26 de junio de 2009

A NOITE MÁXICA DE SAN XOAN.........UN SOÑO FEITO REALIDADE

O pasado día 23 acerqueime ata os terrenos da Cultural en Guláns. Estiven vendo os partidos, correspondentes a esa xornada, do I Campionato de fútbol sala que organiza a Asociación Artística Cultural de Guláns, por certo, cun gran nivel na calidade dos equipos. Dende había días víñase anunciando que nesa noite daríase conta dunha gran sardiñada, regada polos millores viños, e a queima da gran ( e grande de verdade ) fogueira para escorrentar os malos espiritos. Celebrabase, en Guláns, a noite máxica de San Xoan. A temperatura era moi agradablel, inda que non sobraba unha chaquetiña polas costas, polo que me decidín quedar e mirar como se desenrolaba a troula........ben que fixen ¡¡¡, no só mirei como se desenrrolaba a troula senon que participei nela ¡¡¡¡.



Non sei si era casualidade ou non pero creo que os tres factores que citei mais arriba ( futbol sala, noite de San Xoan e temperatura agradable ) fixeron que alí houbese moita xente, polo menos moita mais xente da que eu contaba....era un día de semá e a maior dos que alí estabamos deberíamosnos de erguer cedo.



Mentres observaba a xente e participaba da festa viume a cabeza unha pregunta ......¿¿¿¿ cecais influise algún outro fáctor, a parte dos tres xa mencionados, para que alí houbera "tanta" xente ???..., por moitas voltas que eu lle daba non topaba resposta ¡¡¡, pero algo me dicía que nin o fútbol sala, nin as sardiñas, nin a temperatura eran o motivo pricnicpal de que alí houbese tanta xente.



A noite ia pasando paseniñamente, dunha maneira moi agradable, .... a charanga "SDK" ( ¡¡¡ ay Miriño, estás feito un rapaz ¡¡¡¡) amenizaba a festa, ....José ( "O Ferreiro") mailos seus compinches,coa sua arte, asaban sardiñas.... a xente ría, ...., prendíanlle lume a fogueira,... as chamas collían vida e estirábanse con toda a sua forza coma si quixesen tocalo ceo, ou coma si se quixesen liberar daquilo que as mantiña presas............A medida que todo iso acontecía, eu ia encotrando unha resposta a miña pregunta, ou cando menos iso a min me parecía....



Dise que o consumo excesivo de alcohol fai perdelos reflexos........non sei eu¡¡¡. O caso é que canto mais viño bebía mais claro o tiña. Tampouco vos vaiades creer que bebín un cabazo.....non, non, tan so foron dous ou tres vasiños, pero estou convencido de que aqueles vasos espertaron a miña cabeza.



Tamén, espero, saberedes perdoarme si a conclusión a que cheguei ( agora vos conto ) é equivocada ou non estades dacordo con ela. Puido tamen ocurrir que eses vasiños dos que vos falaba a parte de espertame a cabeza fixeran que cofundira a realidade con ilusións ou desexos .........eu, polo de agora, prefiro pensar que non son ilusión e que a miña conclusión no é equivocada.



Ben, pois tal e como vos dicía, pouco a pouco funme percatando do motivo principal que facía que alí houbese tanta xente. Era algo tan sencillo coma que todos nos, os que alí estabamos e seguramente outros que non puideron ou quixeron estar, derámonos conta de que os soños hai veces que se fan realidade. Diante nosa tiñamos unha superficie de mais de 3 Ha de terreno para disfrute de todolos viciños e visitantes. Diante nosa tiñamos unhas pistas polideportivas donde, os nenos e os que non somos tan nenos, practicar un poquiño de deporte. Diante nosa tiñamos,.....¡¡¡ MANDA CARALLO¡¡¡¡¡,....diante nosa tiñamos a tan soñada CASA CULTURAL......O que facía que aquela noite (ou iso quero creer eu) alí houbese tanta xente non era nin o fútbol sala, nin as sardiñas,...nin a temperatura..... o que facía que aquela noite houbera tanta xente era .... ¡¡¡¡ que un soño estábase facendo realidade ¡¡¡¡



De repente a medida que pensaba en ese soño que se ia facendo realidade funme pondo triste, melancólico,...., non sei, tiña unha sensación rara no corpo. Era unha sensación que non debería ter cabida naquel momento de ledicia, naquel momento de "percatarme" de que un soño se estaba facendo realidade......¡¡ Que contradicción ¡¡....Nese momento de felicidade, eu, sintiame triste, sintiame angustiado, sintiame ...........non sei, sintíame raro ¡¡¡¡.



....de repente, a miña cabeza lembrouse que hai vinta e pico anos atras un grupo de homes de Guláns tiveran unha ilusión. Un grupo de homes de Guláns déranse conta ( seguramente moita xente dábase conta....pero nadie, mais que aquel grupo fixo nada por facer realidad aquela ilusión ) de que sería bo para todolos viciños de Guláns ter un sitio onde se reunir, onde celebrar festas, eventos deportivos e culturales, ....,Meu Deus ¡¡¡, un soño feito realidade...

jueves, 18 de junio de 2009

Benvido o mundo


Hoxe 18 de xuño do 2009, un día de restos de primaveira, cunha calor insoportable, a hora da sesta, despois da sobremesa, nacín eu.

Non sei ben canto tempo de vida me quedará. Non sei cal será o meu obxetivo na vida, nin sei si despois de sabelo cumplireino. O que si sei é que hoxe nacín eu.

Por medio deste post quérome presentar ante todos vos. ¡ Trátademe con cariño ¡....Inda que non teño, tal como vos dicía mais arriba, claro o meu obxetivo nesta vida, o que si vos podo dicir é QUE SON DE GULÁNS, CRIAREIME EN GULÁNS E VIVIREI EN GULÁNS....E, BEN DE SEGURO, MORREREI EN GULÁNS. Non sei si iso é bo ou malo, ou cecais ningunha das duas cousas, pero eu síntome orgulloso de ser de GULANS.

Terra según me din, lembrar que acabo de nacer, de ilustres e prestixiosos músicos, terra de afamados pementos, terra de xente traballadora, terra, tal e como di a canción, do meu pai.

Convidovos a todos a que participedes na miña vida. A que, conmigo, vaides relatando o que vos interesa do noso pobo, do noso concello,...., a fagades deste blogg un sitio onde poder coñecer as nosas opinións. ............

En fin, que xa cheguei, xa estou eiqui........ata cando vos queirades....¡¡¡¡ LONGA VIDA A ESTE BLOGG¡¡¡¡